Desde0,00 €
Auditorio de Ferrol | Ferrol
03 Xuño 2026 19:00
"Pinceladas Sonoras" é un encontro artístico único, onde a música e as artes plásticas fusiónanse para derrubar barreiras. A través deste concerto, o alumnado de piano do conservatorio Xan Viaño presta as súas mans ao piano para dar vida ás partituras, mentres que o alumnado do colexio Terra de Ferrol, proxecta o seu mundo interior traducindo esas mesmas melodías en trazos, texturas e cores. Unha experiencia sensorial e de inclusión que demostra que a arte é unha linguaxe universal capaz de conectar realidades e emocionar sen límites.
Av. do Mar, s/n, Ferrol
15406 Ferrol