Desde10,00 €
Auditorio Sede Afundación Pontevedra | Pontevedra
28 Decembro 2024 20:00
Espectáculo: Festival Agrupación Folclórica Celme – 40º Aniversario
A Agrupacion FolkloricaCelme foi fundada en 1984 polo seu actual Presidente e Director Artístico Quique Dominguez Lino. O grupo Celme durante estes anos participou en Festivais nacionais e internacionais por 15 países de Europa, EEUU e o mundial de Futbol de Qatar, así como por tódalas Comunidades de España. Destacan por dispoñer de bailes e músicas de diferentes pobos e lugares de Galicia: Xota de Montrove, Xota de Lourido, Muiñeira de Bardans, Xota dás Fragas, Xota de Caritel, Jote de Folgoso, Muiñeira de Vilariño etc. Dende os seus inicios a preocupación polo traxe galego destacou nesta asociación que dispón actualmente de máis de trinta traxes tradicionais de diferentes comarcas de Galicia, e todo iso asesorados polo artesán de Ourense Jose AnteroRodriguez: traxes das Mariñas, Cotobade, Vilagarcía, Lugo, Xuvencos, Val doLerez, Ourense, etc,. A Agrupación dispón de escola de baile, pandeireta e gaita, de onde se vai nutrindo principalmente dos seus compoñentes.
Despois de 40 anos quere mostrar na súa cidade a riqueza do folclore Gallego, onde participarán as escolas infantís, xuvenís e de adultos, así como excompoñentes da agrupación, tanto en música como en baile, así como unha agrupación convidada doutra comunidade de España e a propia Agrupación Folklorica Celme.
Rúa Augusto González Besada, 2, Pontevedra
36001 Pontevedra