Desde5,50 €
O PATACÓN | Carballo
10 Outubro 2025 23:00
Idade mínima: 18 anos
Cada canción é unha homenaxe á festa, á identidade galega e ao bo humor. Composicións orixinais e tamén versións en galego de clásicos do rock, do punk e do pop, nas que as letras soan ao día a día, a retranca e a risa; instrumentos feitos por eles mesmos (si, hai un porco que soa, e soa ben); un vestiario sorprendente,... Un concerto onde o público canta, berra, baila e rí.
Estes mestres da música galega irreverente, José de Betty, Raúl G. Doldán, Ramón Reymundez e Daniel Lema, apareceron no entroido de 2013, aquí ao lado, en Baio e desde aquela non deixaron de medrar… en número, en volume, en seguidores e en carraxe festiva.
PÚBLICO ADULTO
Rúa Ourense, 19, Carballo
15100 Carballo