Menú
INGRÁVIDA. MERCEDES PEÓN

INGRÁVIDA. MERCEDES PEÓN

Desde3,00 €

Auditorio Municipal de Ribeira | Ribeira

16 Maio 2025 21:15

70 minutos

Logo de 25 anos da estrea do seu primeiro disco Isué, Mercedes Peón ofrécenos este espectáculo percorrendo temas dos seus cinco discos editados en solitario. Un repertorio marcado polas recollidas de campo que fixo durante 25 anos polas aldeas de todo o país, os traballos cinematográficos ou de danza e, por suposto, o seu espírito inquedo, innovador e vangardista.

Ingrávida é unha celebración para a que Mercedes Peón se rodea de mulleres ás que admira, músicas que beben da tradición cultural mais que tamén aportaron novas olladas nas súas músicas. Un traballo coral centrado na figura de Mercedes Peón acompañada polo Dúo Caamaño & Ameixeiras, o grupo de voces líricas "Galíricas", os grupos Raigañas de Cerqueda e Xirifeiras, Mónica de Nut, Ana Fernández e Laura Iturralde coas proxeccións en directo. A cabalo do acústico e da electrónica, Ingrávida é unha festa de celebracióndesta efeméride e unha homenaxe a persistencia da creación colectiva, que é un xeito de mirar o mundo.

Duración: 70 minutos

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao auditorio poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións nas entradas excepto en casos de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O auditorio ten reservado o dereito de admisión.

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés, patinetes, bicicletas e similares deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. Os paraguas deberán estar sempre embolsados. O persoal do auditorio daralles indicacións.

 A fila 9 é inclusiva, só poderán ocuparse as súas butacas por persoas cunha discapacidade recoñecida con tarxeta acreditativa, que poderá ser requerida polo persoal de sala. O non cumplimento desta condición suporá a anulación da entrada e abandono forzoso do auditorio sen dereito a reembolso.

Recomendamos consultar sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación: poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE: Seguir as instrucións do persoal de sala e actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avda. da Constitución, 2, Ribeira

15960 Ribeira