Menú
CONCERTO “GRANDES ICONAS” – ORQUESTRA SONS

CONCERTO “GRANDES ICONAS” – ORQUESTRA SONS

Desde25,00 €

Auditorio Municipal de Ribeira | Ribeira

01 Febreiro 2026 20:00

O 1 de febreiro de 2026, ás 20:00 h, o Auditorio de Ribeira acollerá GRANDES ICONAS, un espectáculo único que rende homenaxe ás artistas e grupos que marcaron un antes e un despois na historia da música.

Un tributo ás figuras que romperon barreiras , que foron sinaladas pola súa sexualidade ou que, coa súa arte, defenderon con valentía a liberdade de expresión sexual. Tamén ás cancións que, co tempo, se converteron en himnos para a comunidade LGTBIQ+ .

Nesta viaxe musical revisitaremos o legado de Queen, ABBA, Mecano, e de artistas icónicas como Chavela Vargas, Raffaella Carrà, Rocío Jurado e Alaska 🌟, voces que inspiraron xeracións coa súa forza, autenticidade e música eterna.

O escenario encherase de vida cunha posta en escena extraordinaria: 100 músicos en directo, unindo a potencia da Orquestra Sons, a enerxía do Coro Cores  e o talento de 20 artistas comarcais , todos baixo a dirección de Xandre Millet .

Unha fusión artística que converterá “Grandes Iconas” nun espectáculo irrepetible, cargado de emoción, diversidade e celebración .

Un concerto para cantar, sentir e lembrar o poder transformador da música .

Unha homenaxe á liberdade e ás cancións que fixaron historia. 


NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao auditorio poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións nas entradas excepto en casos de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O auditorio ten reservado o dereito de admisión.

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os cochecitos e soportes de bebés, patinetes, bicicletas e similares deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. Os paraguas deberán estar sempre embolsados. O persoal do auditorio daralles indicacións.

 A fila 9 é inclusiva, só poderán ocuparse as súas butacas por persoas cunha discapacidade recoñecida con tarxeta acreditativa, que poderá ser requerida polo persoal de sala. O non cumplimento desta condición suporá a anulación da entrada e abandono forzoso do auditorio sen dereito a reembolso.

Recomendamos consultar sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación: poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.


RECOMÉNDASE: Seguir as instrucións do persoal de sala e actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avda. da Constitución, 2, Ribeira

15960 Ribeira