Desde3,00 €
Centro Torrente Ballester CTB | Ferrol
14 Maio 2026 20:30
Brais das Hortas é Pepe King, o Bluesmanciño que acompaña á Diva concerto tras concerto, km tras km, percorrendo a rotonda infinda do País. Con máis de 20 anos de traxectoria, Brais das Hortas pasou por diferentes grupos e estilos, desde o Rock Bravú e o Folk ata a música festivaleira ou mesmo infantil. Forma parte na actualidade de Sacha na Horta, Blues do País, Os Monchos (con Peter Punk no espectáculo “Concerto Punk Infantil”), Sons Miúdos (con Paco Nogueiras, Mamá Cabra, Uxía, Xoán Curiel, Pablo Díaz, Magín Blanco...). Formou parte taménda Banda Fura-Fura (homenaxe a Zeca Afonso) con García MC, O Leoi Arre- mecaghoná!, Xurxo Souto, Ses... e colaborou con Ataque Escampe,Sofía Espiñeira, Mamá Cabra, Mark Wiersma..
Ademais de músico é narrador oral, tanto na Tropa de Trapo coma en solitario, dirixe outras obras (Matrioskas no 2017) e compón bandas sonoras orixinais (Chove da Cía.Titereficciós).
Iseo Agilda é Bietta James, a curmá galega de Etta James. A nosa grande Diva Rural, que mistura unha voz inimitable con grandes doses de humor e mprovisación, lanzándose a cotío á interacción co público coma nun espectáculo de clown. Nada en Oza dos Ríos pero ourensá de adopción, Iseo Agilda leva cantando dende nena, aínda que o seu salto aos escenarios produciuse no 2011 con Sacha na Horta, formación na que segue cantando e creando, e coa que forma parte de Proxectos coma Verbenadas Irmandiñas.
No 2014 comeza a xirar con Brais das Hortas neste proxecto ,Blues do País,co que xa percorreu centos de escenarios do País. Ademais de vocalista tamén é apicultora, educadora ambiental, filósofa e recentemente está a dar os seus primeiros pasos no mundo da narración oral e contacontos.
R. Concepción Arenal, s/n, Ferrol
15402 Ferrol