Desde3,00 €
Centro Torrente Ballester CTB | Ferrol
12 Marzo 2026 20:30
Carabela é unha das grandes revelacións da nova música galega. Formada por Ana Moas, Pablo Agra, Alba Burke e Pablo Pazos, a banda de Noia navega entre o pop alternativo e a electrónica, cun sutil substrato tradicional, letras cheas de emoción e influencias que van de Néboa e Mercedes Peón a Slowdive ou Radiohead. Coidando tanto o son como a estética, propoñen unha experiencia contemporánea que os sitúa como unha das apostas máis interesantes do panorama actual.
Despois do seu primeiro EP Nó (2023) —co que estrearon directo no Teatro Colón e foron finalistas nos Premios Martín Códax da Música— lanzaron A noite (2024), co que acadaron o Premio Narf. En 2025 colaboraron en directo con Mercedes Peón e publicaron Club A Noite, un disco de remixes con artistas destacadas da escena electrónica galega. En pouco tempo, consolidáronse como unha proposta emerxente en expansión, con recoñecementos e presenza crecente en espazos e festivais como Facela Fest, Osa do Mar, Maré ou o Festival de Cans, ademais de iniciar a súa andaina en escenarios fóra de Galicia.
R. Concepción Arenal, s/n, Ferrol
15402 Ferrol