Menú
CICLO OS XOVES DA CAPELA: CREBINSKY BALKAN BAND

CICLO OS XOVES DA CAPELA: CREBINSKY BALKAN BAND

Desde3,00 €

Centro Torrente Ballester CTB | Ferrol

16 Abril 2026 20:30

Banda Crebinsky é unha pequena orquestra popular xurdida dun universo imaxinario, fuxida do filme Crebinsky. Do mesmo modo, as súas músicas nacen como banda sonora e saltando da pantalla, corren ás rúas e os escenarios, crecendo e desenvolvéndose con grande enerxía. Unha historia ben interesante. Con todo, podemos arriscar algunhas expresións como "composicións eclécticas-delirantes próximas á world music ou ben "música popular dun país inexistente" que nos aproximaría algo á realidade. No 2010, sacan o seu primeiro disco titulado " Banda Crebinsky", cos temas da B.S.O composta por Pablo Pérez da película Crebinsky, dirixida por Enrique Otero. A partir deste momento comezan a ofrecer concertos en diversos formatos: Universo Crebinsky ( película con actuación da Banda), Banda Crebinsky... participando en eventos como XXVI e XXIX Festival Intercéltico de Ortigueira, Festival de Cine de Málaga, Ciclo de concertos "Veranos de la Villa" no Teatro Conde Duque (Madrid), ou o Teatro Majestic Passy (Paris), Festival da Luz, ou Tom de Festa ( Portugal) entre outros.

Como

chegar

R. Concepción Arenal, s/n, Ferrol

15402 Ferrol