Desde3,00 €
Centro Torrente Ballester CTB | Ferrol
05 Novembro 2026 20:30
Leticia Rey é unha das compositoras e cantantes que destacan no panorama galego pola súa calidade, rodeada de grandes músicos.
Danza Luz é o seu último espectáculo. Unha representación que vai máis alá do que é un concerto, súmalle danza e remata cun coloquio co público para comentar sensacións e proxecto de creación da peza.
O xogo coas sombras, e tamén coas luces, cun vestiario creado para a obra, é a base das cancións compostas por Leticia, todas en galego, aportan múltiples emocións a cada persoa que asiste a Danza Luz.
Artistas:
Leticia Rey - voz
Iago Mouriño - teclado
Vadim Yukhnevich - acordión
Benxamín Otero - Corno inglés e caixiña de música
R. Concepción Arenal, s/n, Ferrol
15402 Ferrol