Menú
LA RAÍZ

LA RAÍZ

Desde34,56 €

Coliseum | A Coruña

22 Marzo 2025 22:00

Autorización acceso menores 16 anos

A ENTRADA É NOMINAL. NON SE ADMITEN CAMBIOS DE ENTRADAS, NIN DA TITULARIDADE DAS MESMAS, NIN DEVOLUCIÓNS.

NO MOMENTO DA COMPRA DAS ENTRADAS DÉBESE DEBE INDICAR O NOME, APELIDOS E DNI (NIE OU PASAPORTE) DOS ASISTENTES TAL E COMO FIGURAN NOS SEUS DNI.

PARA PODER ACCEDER AO COLISEUM, O TITULAR DA ENTRADA DEBERÁ IDENTIFICARSE PRESENTANDO O SEU DNI XUNTO A SÚA ENTRADA.

NO CASO DE QUE O TITULAR DA COMPRA DAS ENTRADAS NON DISPOÑA DE TODOS OS DATOS PARA IDENTIFICAR AOS SEUS ACOMPAÑANTES DEBERÁ INDICAR OS SEUS PROPIOS NAS ENTRADAS DESTINADAS A DITOS ACOMPAÑANTES, OBRIGÁNDOSE A ASISTIR AO EVENTO. DURANTE O ACCESO AO COLISEUM TODOS ELES DEBERÁN IDENTIFICARSE COMO INTEGRANTES DO MESMO GRUPO.

OS MENORES 16 ANOS TEÑEN QUE ASISTIR AO EVENTO ACOMPAÑADOS DUN ADULTO RESPONSABLE MAIOR DE IDADE E TRAER A CORRESPONDENTE AUTORIZACIÓN ASINADA.


La Raíz é unha banda valenciana nacida en 2005. Referente xeracional do Rock en español, dixo adeus no momento máis alto da súa carreira en 2018 tras dar a volta ao mundo coa súa música por máis de quince países. 

En 2024 La Raíz anunciou o esperado reencontro que as súas lexións de fans levan esperando máis seis anos. Unha xira que percorrerá toda a xeografía española durante o 2025 e que confirmou parada na Coruña acompañada de artistas galegas de primeiro nivel. Será unha noite para a lembranza, o evento xa está marcado para o vindeiro 22 de marzo no Coliseum e as entradas xa están dispoñibles.

No musical La Raíz fusiona Rock, rap e ritmos latinos ou xamaicanos. Os seus compoñentes son catro cantantes, ventos, guitarras, baixo, batería e un Dj. En total once músicos cargan o escenario dunha presencia potente e festiva. Unha energía moi forte en directo e unha lírica cargada de contido social, un canto desenfadado ao amor e a revolta. Unha esperanza de transformación dende a positividade.

Como

chegar

Rúa Francisco Pérez Carballo, 2, A Coruña

15008 A Coruña