Menú
DOCE SONS

DOCE SONS

Auditorio Municipal de Quiroga | Quiroga

  • Entradas para nenos menores de 12 inclusive de balde
  • Entrada para nenos de 13 a 17 só donativo

A Gala Inaugural de DOCE SONS celebrarase o 24 de xaneiro no Auditorio Municipal de Quiroga coa actuación de Irene Caruncho. Nesta primeira edición, o donativo de cada entrada (+10 €) destinarase integramente ao proxecto Terriña Salvaxe, un restaurante local que está a mellorar o seu espazo exterior tras verse afectado por un incendio no seu negocio anterior.

DOCE SONS nace cun propósito claro: cada mes, un concerto e un proxecto real do Xeoparque Montañas do Courel que recibe apoio económico directo grazas á venda das entradas. É música, si, pero sobre todo é acción concreta: financiar melloras visibles, activar negocios e apoiar xente que está a facer cousas de verdade no rural.

Nesta gala inaugural, quen asista non só disfrutará dun concerto especial, senón que estará contribuíndo a recuperar un punto de encontro que xa dinamiza a vida local e que seguirá ofrecendo gastronomía, actividade cultural e espazo de relación para veciños e visitantes.


Como

chegar

Rúa Quiroga de Argentina, 11, Quiroga

27320 Quiroga