Menú
Cancións para Begoña. María Faltri · Día das Letras Galegas 2026

Cancións para Begoña. María Faltri · Día das Letras Galegas 2026

Desde0,00 €

Cidade da Cultura - Hall de tirantes do Andar 0 | Santiago de Compostela

16 Maio 2026 18:00

O Gaiás celebra o Día das Letras Galegas 2026 con Cancións para Begoña, un concerto para público familiar a partir da obra de Begoña Caamaño co que achegarse á súa literatura desde outro lugar: o dos sons, a harmonía e a escoita.

A proposta, a cargo de María Faltri (voz, composición), acompañada por Reynier Aldana (bases, guitarra e coros) e Mei Téllez (guitarra e coros) en escena, nace dunha aproximación íntima á obra da autora. Non desde a análise, senón desde o que a súa palabra vai deixando: imaxes, preguntas e a emoción que se transforma en música.

O repertorio está formado por cancións orixinais que dialogan coa obra de Begoña e atravesan temas como a identidade, o vínculo, a imaxinación, as emocións ou o feminismo. Non buscan explicar a súa obra, senón propoñer outras formas de escoitala e sentila.

Cancións para Begoña é un exercicio de creación musical desde a literatura, entendendo a palabra como punto de partida para construír novas paisaxes sonoras. Un espectáculo que converte a obra de Begoña Caamaño nun espazo vivo no que as letras e os sons se funden.

Como

chegar

Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Museo Centro Gaiás, Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela

15707 Santiago de Compostela