Menú
VI BUTACA DE JAZZ - PABLO SEOANE

VI BUTACA DE JAZZ - PABLO SEOANE

Desde11,00 €

Auditorio Sede Afundación A Coruña | A Coruña

15 Novembro 2025 20:00

PABLO SEOANE. Compositor, pianista e doutor en filosofía. Leva arredor de tres décadas realizando unha actividade regular en ámbitos próximos á improvisación, o jazz, a música contemporánea e as artes escénicas. Escribiu ademais sobre estética, metafísica e filosofía da música, entre outros asuntos. E desenvolveu os seus labores musicais e filosóficos (congresos, conferencias, concertos) dentro e fóra de España (Brasil, Arxentina, Italia, Francia, Portugal ou Reino Unido). Traduciu tamén obras poéticas e literarias, ao galego ou ao castelán, de autores como H. D. Thoreau, Samuel Beckett, Harold Pinter ou Guillaume Apollinaire.

En 2020 publicou o libro Regla y tiempo real. Improvisación, interpretación y ontología de la obra musical (ed. Athenaica). Algunhas das súas últimas obras no ámbito da música ou a arte sonora son: Exercicios de Cartografía inversa (2024, obra multidisciplinar xunto á artista e cellista Macarena Montesinos); Ezekiel meets... (2024, gravación a dúo co guitarrista Antonio Bravo, Alina Records); Improvisacións Goldberg (2024, obra encargada polo Festival de música antiga e barroca de Santiago de Compostela, xunto ao músico Pablo Rega); Karaoke de Interior (2024, obra performativa e musical, correlato dunha investigación filosófica sobre o sentimentalismo); Cicerón tira os dados e sáelle Venus (2023, peza para piano, cello, violín e óboe); Phármakon (2020, obra músico-escénica para viola, óboe, corno inglés e dous actores); Novia china, buena suerte (2020, disco piano solo); Parábase (2017, peza composta para os dous órganos barrocos da Basílica de San Salvador de Lourenzá, Lugo).

Todos os beneficios da venda de entradas destinaranse ao Banco de Alimentos Rías Altas, no marco do programa CULTURA POR ALIMENTOS promovido por Afundación, a Fundación Obra Social de ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL).

Como

chegar

Cantón grande, 8, A Coruña

15003 A Coruña