Menú
Orquesta Clásica de Vigo - Mozart+Respighi: Entre Clasicismo e Neoclasicismo - 40 Aniversario

Orquesta Clásica de Vigo - Mozart+Respighi: Entre Clasicismo e Neoclasicismo - 40 Aniversario

Desde14,60 €

Auditorio Teatro Afundación Vigo | Vigo

12 Marzo 2025 20:30

A música de Ottorino Respigi supuxo unha renovación na música italiana no primeiro terzo do S. XX, un artista que sintetizou a tradición músical italiana coas correntes do momento propoñendo unha nova vía de modernidade estilística. Un interesantísimo compositor de óperas, ballets e sinfonías de gran fama internacional cuxo traballo investigacións sobre a música italiana dos séculos XVI, XVII e XVIII serviu para revisitar estes antigos repertorios, anticipando a vixencia actual da que gozan. É por iso que neste programa construimos unha interesante ponte entre o clasicismo e o neoclasicismo: Dúas épocas distantes no tempo e conectadas polo estilo.

A outra marxe do programa estará conformada pola Sinfonía concertante para violín, viola e orquestra en mi bemol maior, K. 364/320d, de W. A. Mozart, obra que será interpretada polos solistas Mauro Mariño Suárez -violín- e Jennifer Gómez Vilar -viola-, dous grandes instrumentistas históricos da Orquesta Clásica de Vigo.

Programa

Sinfonía concertante para violín, viola e orquestra en mi bemol mayor, K. 364/320d, de W. A. Mozart.

I. Allegro maestoso

II. Andante

III. Presto


Antiche danze et arie per liuto, Suite No.3, de O. Respighi

I. Anonymous: Italiana. Andantino

II. Jean-Baptiste Besard: Arie di corte. Andante cantabile

III. Anonymous: Siciliana. Andantino

IV. Lodovico Roncalli: Passacaglia. Maestoso - Vivace


Solistas:

Mauro Mariño Suárez, violín

Jennifer Gómez Vilar, viola

Dirixe: Alessandro Arnoldo (Trento)

Como

chegar

Marques de Valladares s/n, Vigo

36201 Vigo