Desde9,72 €
Cidade da Cultura de Galicia. Museo Centro Gaiás. Andar -1 | Santiago de Compostela
15 Setembro 2024 19:00
O ensemble Música Práctica inaugura o ciclo Ópticas contemporáneas 2024 da Cidade da Cultura o domingo 15 de setembro cun percorrido pola creación musical máis recente que culmina nunha obra en estrea de Fernando Buide, especificamente escrita para o multiinstrumentista Abraham Cupeiro, invitado de honra do concerto.
Miradas na memoria é o título que engloba un programa no que escoitaremos composicións de Leonardo Balada (Cataluña), Joseba Torre (País Vasco) e Fernando Buide (Galicia), tres compositores contemporáneos aos que uniu Pittsburgh, a cidade do aceiro. Intercalados entre elas neste concerto sen pausas, soarán fragmentos do Horóscopo do alemán Karlheinz Stockhausen.
Pechará o programa La constelación de Sagitario de Fernando Buide, encargo conxunto da Quincena Musical Donostiarra e a Fundación Cidade da Cultura a través dos seus programas de apoio á creación artística. Nesta obra, o músico galego Abraham Cupeiro tocará varios dos instrumentos ancestrais que vén recuperando: o carnyx celta, o aulos grego e o cornu romano, así como bucinas mariñas, presentes en tantas culturas sonoras. Unha constelación que permite resoar en nós un mundo perdido e agora recobrado.
Ensemble Música Práctica:
- Regina Laza, violín
- Fernando Buide, piano
- Manuel Lorenzo, violonchelo
- Alejandro Sanz, percusión
- Abraham Cupeiro, solista multiinstrumentista
PROGRAMA
(interpretado sen pausas)
- Karlheinz Stockhausen (1928-2007). TIERKREIS. Aquarius
- Joseba Torre (1968). MÚSICA DE CÁMARA II
- Karlheinz Stockhausen. TIERKREIS. Géminis
- Leonardo Balada (1933). CUATRIS
- Karlheinz Stockhausen. TIERKREIS. Libra
- Fernando Buide (1980). LA CONSTELACIÓN DE SAGITARIO. Con Abraham Cupeiro, solista. OBRA EN ESTREA
Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Museo Centro Gaiás, Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela
15707 Santiago de Compostela