Desde10,60 €
Auditorio de Cangas | Cangas
29 Decembro 2025 20:00
Despedir
o ano sempre é unha oportunidade para congregar artistas e
audiencias para explorar novos e vellos repertorios conformando un
verdadeiro punto de encontro. En 2025 celébrase o 150 aniversario de
Maurice Ravel, un anovador fundamental da música no século XX.
Nesta ocasión contaremos coa pianista Aida Saco Beiroa, unha artista
galega de proxección internacional que viaxará a Vigo para
interpretar un dos concertos máis fermosos do século XX: o Concerto
para piano en sol maior, M.83, de M. Ravel, unha verdadeira
xenialidade virtuosística que recollerá a modernidade cunha
importante presenza estilístcia do jazz froito desa viaxe aos
EUA.
Por outra banda, non podemos esquecer a importancia
de Chaikovski no Nadal, interpretando unha obra fundamental no seu
repertorio: a Suite do quebranoces, unha obra enmarcada nas
celebracións do Nadal e coa que queremos despedir o ano neste
contexto festivo.
Programa:
Concerto para
piano en sol maior, M.83, de M. Ravel
I. Allegramente
II.
Adagio assai
III. Presto
O quebranoces (suite),
Op.71a, de P. I. Chaikovski
Solista: Aida Saco
Beiroa
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Aida
Saco Beiroa, piano
Pianista
galega formada en Barcelona, Rotterdam, París e Nova Iorque, onde se
gradúa da Manhattan School of Music coas máximas cualificacións.
Como concertista clásica, ten realizado numerosos concertos e foi
convidada a participar en diversos festivais de España, Portugal,
Italia, Polonia e Estados Unidos. Gañadora de importantes bolsas
como a Bolsa de Excelencia da Fundación Ferrer-Salat, a Bolsa
Fulbright do Ministerio de Cultura e Deporte ou a Bolsa da Fundación
"la Caixa" 2024, tamén foi galardoada en numerosos
concursos de piano, obtendo o 1.º Premio do IV Premi Ciutat de
Mataró, 1.º Premio e Premio Especial no 1st European Piano
Competition, 2.º Premio no 10.º Concorso Internazionale "Città
di Massa" ou 3.º Premio no Concurso Internacional de Piano
Ciudad de Sevilla, entre outros. Na actualidade reside en Nova York,
onde compatibiliza a súa actividade docente con proxectos como
concertista, que a levarán, entre outros, a actuar como solista coa
Orquestra das Nacións Unidas esta tempada.
Av. de Lugo, 27A, Cangas
36940 Cangas