Menú
ORQUESTRA VIGO 430: SINERXIAS 430 “Entre a bruma e o lume”

ORQUESTRA VIGO 430: SINERXIAS 430 “Entre a bruma e o lume”

Desde6,00 €

Auditorio Martín Códax | Vigo

21 Setembro 2025 12:00

Unha viaxe de contrastes emocionais. Dende a melancolía e as danzas folclóricas do Trío Dumky de Dvořák ata a enerxía de Beethoven, a ironía de Poulenc e a paixón desatada da Fantasía de Carmen de Waxman.

Este programa mergúllanos na dualidade entre a introspección e a enerxía desatada. O Trío «Dumky» de Antonín Dvořák (Op. 90) é unha obra seminal do repertorio camerístico, construída sobre seis dumky —cantos épicos eslavos marcados por contrastes abruptos entre a melancolía e a danza—. A súa estrutura non convencional, sen movementos tradicionais, reflicte a liberdade formal do Romanticismo tardío, mentres que as harmonías modais e os ritmos de furiant conectan co folclore checo. Na segunda parte, a Sonata Op. 12 nº 3 de Beethoven revela o xenio do compositor na súa fase de transición: o diálogo entre violín e piano desafía a hierarquía clásica, con pasaxes case concertantes e un humor que prefigura o Sturm und Drang. A Sonata de Francis Poulenc (1943), escrita durante a ocupación nazi, combina a ironía neoclásica coa súa firma harmónica —acordes bitonais, melodías que bailan entre o sacro e o profano—. Finalmente, a Fantasía de Carmen de Franz Waxman (1946) é unha homenaxe virtuosística á ópera de Bizet, onde o violín recrea o dramatismo de Carmen mediante técnicas extendidas (glissandi, pizzicati) que desafían a gravidade.


Mira Foron violín + Jorge Suárez violonchelo + Anthony Sintow-Behrens piano


PROGRAMA:

1ª parte:

• Dvorák: Trío «Dumky» para violín, violonchelo e piano

2º parte:

• Beethoven: Sonata para violín e piano Op. 12, Nº. 3, en si bemol maior

• Poulenc: Sonata para violín e piano, FP 119

• Waxman: Fantasía de Carmen18

 

Como

chegar

Calle Manuel Olivié, 23, Vigo

36203 Vigo