Menú
Orquestra Vigo 430: II FESTIVAL SINERXIAS 430: 28 de novembro “De amor e fronteira”

Orquestra Vigo 430: II FESTIVAL SINERXIAS 430: 28 de novembro “De amor e fronteira”

Desde6,00 €

Auditorio Martín Códax | Vigo

28 Novembro 2026 20:00

A música é unha das linguaxes que mellor atravesa as  fronteiras. Viaxa coas persoas, mestúrase con novas tradicións  e convértese nun espazo onde diferentes culturas dialogan sen  renunciar á súa identidade. Neste programa, España e América  Latina atópanse nun percorrido musical marcado polo amor, a  memoria e a pertenza, revelando un patrimonio compartido  que medrou a ambas as beiras do Atlántico.  

Desde a elegancia de Turina e Falla ata a fonda raíz popular de  Guastavino, Violeta Parra, Numhauser, Ariel Ramírez ou  Piazzolla, cada obra ofrece unha mirada distinta sobre a  emoción humana, sempre vencellada á forza da palabra, da  danza e da melodía. A voz, a viola e o piano convértense nos  fíos condutores desta viaxe, enriquecidos pola sonoridade do  Ensemble Vigo 430, para debuxar un mosaico de paisaxes  sonoras no que tradición e creación dialogan constantemente.  Un concerto que celebra a capacidade da música para  derrubar fronteiras e lembrar que as emocións máis profundas  son, en realidade, universais.  

Intérpretes:

Anuschka Pedano, viola; María Pedano, voz; Illia  Fialko, piano + Ensemble Vigo 430 (Sergio Aparicio, violín I;  Sofía Muñiz, violín II; Ângela Neto, viola; Sara Balboa,  violonchelo).  

Programa:  

Primeira parte  

• José Serrano De España vengo (arr. para cordas, piano e voz)  

• Joaquín Turina Escena andaluza (cordas, piano e viola  solista)  

• Carlos Guastavino Milonga de dos hermanos (piano e voz) 

• Carlos Guastavino La rosa y el sauce (piano e voz) 

• Carlos Guastavino Pampamapa (Aire de Huella) (piano e voz) 

• Manuel de Falla Danza española (piano e viola)  

• Manuel de Falla Siete canciones populares españolas (cordas e voz)  

Segunda parte  

• Violeta Parra Gracias a la vida (piano, viola e voz)  

• Julio Numhauser Todo cambia (piano, viola e voz)  

• Ariel Ramírez / Félix Luna Alfonsina y el mar (piano, viola e voz)  

• Astor Piazzolla Grand Tango (piano e viola)  

• Astor Piazzolla Chiquilín de Bachín (piano, viola e voz)  

• Astor Piazzolla Yo soy María (piano, viola e voz)  


Como

chegar

Calle Manuel Olivié, 23, Vigo

36203 Vigo