Desde13,00 €
Conservatorio Superior de Música de Vigo | Vigo
14 Febreiro 2026 19:30
Manuel López, O Pianista da Man Esquerda, regresa a Galicia dentro da súa nova Xira 2026, con novas composicións inéditas e tributos, en un concerto íntimo no Conservatorio Superior de Música de Vigo, cheo de música e emoción, onde o amor será o principal protagonista.✨💙
O pianista e compositor Manuel López convídanos, unha vez máis, a unha viaxe sonora cargada de superación e virtuosismo. Tras enfrontarse a un ictus, e máis de 20 anos de Distonia focal, atopou na súa man esquerda a ferramenta para seguir expresándose a través
do piano, adaptando e reimaginando obras concibidas orixinalmente para ambas as mans. Neste concerto, Manuel ofrecerá un recital tributo ao amor que percorre algunhas das páxinas máis belas e románticas da música de Chopin, Debussy, Scriabin, xunto ás composicións máis emotivas de Ludovico E, Yiruma, Michael Nyman, R. Sakamoto, *Ólafur Arnalds, así como a nosa música española e a esencia do noso flamenco con Paco de lucia. A través da súa música, Manuel transmite unha mensaxe inspiradora: o amor polo piano pode superar calquera obstáculo. ✨
Rúa de Manuel Olivié, 23, Freixeiro, Vigo
36203 Vigo