Desde6,00 €
Teatro Afundación Vigo | Vigo
16 Maio 2026 20:30
A
tempada remata cunha das das obras máis significativas do repertorio
do W. A. Mozart: A súa misa de Requiem. Unha obra encargada de
maneira anónima por un mensaxeiro dun noble austríaco, o conde
Franz von Walsegg, que pretendía facer pasar a música por súa como
homenaxe á súa esposa falecida. Esta circunstancia, unida á
condición enferma e pauperizada do compositor alimentou lendas e
especulacións sobre a súa percepción da morte e sobre se el mesmo
cría estar a escribir o seu propio réquiem. O Réquiem combina a
grandiosidade do estilo barroco coa intensidade emocional do
clasicismo vienés para deixar unha pegada fundamental no repertorio
occidental.
Este
concerto será realizado en colaboración co Ensemble Vocal Pro
Música, unha agrupación radicada no Porto coa que a Orquesta
Clásica de Vigo está a tecer un intercambio musical
transfronteirizo e que neste ano celebra o seu 35
aniversario.
Programa:
Misa
de Réquiem en re menor, K. 626,
de W. A. Mozart
Orquesta
Clásica de Vigo
Ensemble
Vocal Pro Musica
Director
do coro: Jose Manuel Pinheiro
Dirección:
Manuel Martínez Álvarez-Nava
C/ Policarpo Sanz 13, Vigo
36202 Vigo