Menú
CONCIERTO DE AÑO NUEVO de VIENA EN FAMILIA

CONCIERTO DE AÑO NUEVO de VIENA EN FAMILIA

Desde33,00 €

Teatro Afundación Vigo | Vigo

10 Xaneiro 2026 12:00

Philharmonic Ensemble

Membros da Orquestra Filarmónica de Viena

O Concerto de Aninovo de Viena volve a Vigo nunha edición matinal para toda a familia: unha oportunidade única para gozar, tan só uns días despois da súa interpretación na mítica Sala Dourada do Musikverein de Viena, da maxia deste evento que marca o inicio do aninovo e que seguen cada ano millóns de espectadores en todo o mundo.

O Philharmonic Ensemble, formado exclusivamente por solistas da Orquestra  Filarmónica de Viena, ofrecerá un programa repleto de inesquecibles polkas, valses e marchas, que converteron este concerto en un espectáculo cativador e cheo de enerxía.

Ademais das obras inmortais da Dinastía Strauss, o programa incluirá soadas pezas de Johannes Brahms e Josef Hellmesberger, interpretadas cos instrumentos e a inconfundible técnica da Filarmónica de Viena.

Non faltarán xoias como  El bello Danubio azul e a inconfundible Marcha Radetzky, coas que se dará a benvida ao novo ano da man dos seus auténticos intérpretes.

Baixo o nome de Philharmonic Ensemble, estes músicos traen a Vigo o inconfundible son vienésofrecendo unha mañá inesquecible, chea de tradición, excelencia e emoción musical.

Edición especial para todos os públicos, con prezos reducidos para menores de 6 a 18 anos.

Programa:

J. Strauss II – Unha noite en Venecia (Abertura)

J. Hellmesberger – Pequeño anunciante, Galop

J. Strauss II – Violeta, Polka francesa

J. Strauss II – Sangue lixeiro (Polka rápida)

Como

chegar

C/ Policarpo Sanz 13, Vigo

36202 Vigo