Menú
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Desde19,80 €

Auditorio Municipal de Vimianzo | Vimianzo

17 Maio 2026 19:30

O 2025 foi un ano histórico para a nosa cultura: a xusta homenaxe das Letras Galegas ás cantareiras e á poesía oral puxo o foco no tesouro que gardan as nosas aldeas. Pero a memoria non é un asunto dun só ano.

No 2026 Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre continúan co compromiso que sosteñen desde hai máis dunha década, reivindicando a dignidade e forza do legado desas avoas que vertebraron na súa memoria e esencia da nosa terra.

Neste ano presentamos un espectáculo que é, por riba de todo, un ritual celebrado no vivo. Non é só un concerto, é o torreiro onde a tradición respira, onde as cancións de todas estas mulleres cobran unha nova vida. Continuamos batendo o coiro para que o eco de quen fomos non deixe de soar.

Cunha posta en escena poderosa e cun 100% de música en directo, o show de 2026 destila o mellor dunha traxectoria que xa suma catro discos esenciais e máis de 450 concertos por todo o mundo. O espectador viaxa dende a intimidade do canto espido ata a explosión colectiva dunha muiñeira colectiva.

É a madurez dun proxecto que xa non necesita presentación, pero que segue a sorprender pola súa frescura e pola capacidade de facer que o público —de todas as idades— se sinta parte da mesma tribo.

Como

chegar

Rúa Braña B, Vimianzo

15129 Vimianzo