Desde3,00 €
Centro Torrente Ballester CTB | Ferrol
10 Decembro 2026 20:30
Somos un grupo de música tradicional galega de corda e vento .
lnterpretamos pezas tradicionais galegas arranxadas por nós mesm@s; de cancioneiros, de composición propia e de autores/as amig@s. Tocadas con instrumentos tradicionais de corda mais tamén de vento como a requinta, o pito e a gaita galegas. Temos tamén pezas cantadas tradicionais do repertorio gatego e portugués. A metade do noso repertorio é cantado.
Os nosos motivos é reivindicar a corda na música tradicional e desfrutar da música galega e en galego, tentando dignificala e situala na posición que lle corresponde como representante do noso pobo.
Da guitarra galega e os cordófonos en xeral son abondosas as referencias na historia do seu uso (retablos, esculturas, gravados, cantigas, etc). 0 seu uso popular segue a ser xeralizado no noso País salvo na música tradicional. Nós reivindicamos o seus uso. Igualmente o pito pastoril galego é un instrumento pouco coñecido na nosa música fronte a frautas foráneas; nós aportamos o noso grao de área para a súa recuperación.
Unha proposta nova
A pesar dos seus pouco máis de dez meses de vida, As Pías afrontou un verán repleto de actuación durante todas as fins de semana que lle levou a compartir cartel con formacións da talla de Tiruleque, Os Carunchos ou Xabier Díaz entre moitas outras. Neste momento a banda traballa no seu primeiro disco de estudo con dez temas inéditos ata a data.
As Pías é unha mestura de músicas de formación clásica e da escola tradicional. As Pías é un proxecto emerxente que tenta aportar aire fresco á música tradicional e ao folk galego.
R. Concepción Arenal, s/n, Ferrol
15402 Ferrol