Desde15,60 €
Fábrica de Chocolate Club | Pontevedra
23 Maio 2026 21:30
AUTORIZACIÓN ACCESO MENORES 16 AÑOS
9Louro presenta a súa xira “Amorrer” con Taïn como artista convidado.
O artista 9Louro chega coa súa nova xira “Amorrer”, un directo intenso e emocional no que mestura sons urbanos, electrónica e unha identidade propia que o está a posicionar como unha das voces máis interesantes da escena actual.
Nesta ocasión estará acompañado por Taín como artista convidado. Taín destaca pola súa proposta fresca e persoal, combinando influencias do indie, pop alternativo e música urbana. As súas letras íntimas e coidadas, xunto cun son atmosférico e moderno, fan del un proxecto emerxente a seguir moi de preto dentro da nova escena galega.
Unha noite única para descubrir dous proxectos que están a marcar o presente e futuro da música en Galicia.
Política de menores
Prohíbese a entrada de menores de 16 anos en discotecas, locais de festas, salas de baile, bares musicais, salas de concertos, cafés-concertos e cafés-teatros, agás cando haxa actuacións en directo e vaian acompañados dun pai ou titor. Neste caso, os menores non poderán permanecer no establecemento unha vez finalizada a actuación. En ningún caso estas persoas poderán consumir bebidas alcohólicas no establecemento.
Rúa Rogelio Abalde, 22 , Vigo
36201 Pontevedra