CONDICIÓNS XERAIS DE CONTRATACIÓN PARA A COMPRA DE ENTRADAS “EN LIÑA“
En cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, informámoste de que os servizos de venda de entradas a través do portal Ataquilla son ofrecidos pola Fundación Galicia Obra Social (“Ataquilla”, no sucesivo), con domicilio social en A Coruña, Cantón Grande 8, código postal 15003, NIF G-70270293 e inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Facenda e Administración Pública, da Xunta de Galicia co número 2013/12.
Podes poñerte en contacto coa nosa entidade no correo [email protected] ou mediante unha carta dirixida ao enderezo arriba indicado.
O servizo ofrecido a través deste portal consiste en xestionar a venda anticipada de entradas na modalidade “online” dispoñible as 24 horas. Facilita ao usuario a adquisición de entradas, xestionando en nome e por conta do promotor a distribución das mesmas.
1. CONDICIÓNS XERAIS
Ataquilla ofrece a calquera persoa interesada a posibilidade de adquirir entradas a través de Internet para asistir aos diferentes espectáculos publicados na web. Os usuarios que acceden á web de Ataquilla e, concretamente, no caso de compravenda de entradas, asumen voluntariamente e obríganse a respectar os termos e condicións do contrato de compravenda, aos que quedan suxeitos e que seguidamente se expoñen.
Ataquilla vende entradas e/ou servizos asociados de promotores, equipos, artistas, produtores, recintos e locais. Denomínase a efectos deste contrato como “promotor” as persoas, físicas ou xurídicas, que organizan e/ou facilitan entradas para vendelas posteriormente.
Ataquilla unicamente actúa como intermediario na compravenda entre os promotores e os compradores, xestionando en nome e por conta dos mesmos a distribución de entradas. Polo anterior, en ningún momento actúa como organizador/promotor dos eventos nin participa en ningún aspecto organizativo.
A aceptación das presentes Condicións Xerais implica que o usuario:
- Leu, entende e comprende o aquí exposto.
- É unha persoa con capacidade legal necesaria para contratar. Así mesmo, manifesta que ten como mínimo 18 anos e é titular dunha tarxeta de crédito/débito válida.
- Asume todas as obrigas aquí dispostas.
- No caso de contratación por menores de idade, requírese a autorización dos pais ou titor para que poida gozar do servizo contratado e asistir ao evento.
As presentes condicións serán aplicables a todas as contratacións realizadas a través deste sitio web e, xunto coas condicións particulares que poidan establecerse, teñen como finalidade poñer a disposición do usuario toda a información necesaria e regular as relacións comerciais que xurdan entre Ataquilla e os usuarios da web.
Ataquilla poderá, en todo momento e, sen previo aviso, modificar as presentes condicións xerais de uso e contratación e as condicións particulares, se existisen, mediante a publicación das ditas modificacións na web para que poidan ser coñecidas polos usuarios. A dita modificación non afectará aos bens ou promocións que foran adquiridos polo usuario previamente á modificación.
O procedemento de contratación e a información precontractual está dispoñible en castelán e galego, e ambos idiomas serán os utilizados para levar a cabo a contratación. En caso de que a contratación poida levarse a cabo noutro idioma, indicarase antes de iniciar o procedemento da mesma.
O servizo de venda de entradas é de carácter oneroso, dispoñendo o usuario na web de toda a información relativa ao prezo. O servizo de información ofrecido a través da web é de carácter gratuíto.
O usuario é o responsable de facilitar os seus datos correctamente nos procesos de rexistro e/ou compra establecidos na web, debendo prestar especial atención á introdución dos datos de carácter persoal e aos datos bancarios.
Ataquilla comprométese a respectar o deber de confidencialidade e a utilizar os datos persoais dos usuarios de acordo coa finalidade, así como a dar cumprimento á súa obriga de gardalos e adoptar todas as medidas de seguridade necesarias para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado de acordo co establecido no Regulamento (EU) 2016/679 xeral de protección de datos, de acordo ao establecido na nosa política de privacidade.
2. IDENTIFICACIÓN DAS PARTES
Ataquilla é o intermediario na compravenda de entradas dos eventos entre o organizador/promotor e o usuario ou comprador, xestionando en nome e por conta dos organizadores a distribución de entradas.
O usuario que accede á compra de entradas a través da web será, en adiante, o comprador.
O promotor ou organizador do evento organiza e promociona o evento.
3. TERRITORIO
Ataquilla opera a través deste sitio web en todo o territorio español. En adiante, entenderase este ámbito xeográfico como “o territorio”. Ataquilla unicamente opera aos efectos deste contrato no territorio. A utilización desta web, así como calquera compra realizada na mesma, considérase efectuada en España, e, por tanto, suxeita ás leis e normas españolas vixentes.
4. FORMAS DE PAGO
Os medios de pago ofrecidos son os indicados na web no proceso de pago:
- Tarxeta bancaria.
- Bizum.
- Google Pay.
Se o teu medio de pago é a tarxeta bancaria, ao facer clic en "Pagar" estás confirmando que a tarxeta de crédito é túa ou estás autorizado.
As tarxetas de crédito estarán suxeitas a comprobacións e autorizacións por parte da entidade emisora das mesmas, pero se a dita entidade non autorizase o pago non poderemos formalizar ningún contrato contigo.
5. PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN. IMPRESIÓN DE ENTRADAS.
Desde o momento no que o usuario curse a orde de compra dunha ou máis entradas será denominado “comprador” e quedará obrigado como tal fronte á Ataquilla, que ostentará a condición de vendedor. A compra realizada a través de Internet polo comprador e que foi recibida por Ataquilla ten carácter contractual vinculante.
O comprador debe cubrir de forma correcta os datos que lle sexan requiridos e comprométese a non introducir datos de terceiros. A recepción da orde de compra será confirmada por Ataquilla, por correo electrónico ou por outros medios sen demora e, desde ese momento, quedará perfeccionada a compravenda e obrigadas ambas partes ao cumprimento do acordado.
5.1 Procedemento de contratación
Non é preciso rexistrarse na web para acceder á venda de entradas. Rexistrado ou non, o comprador deberá proporcionar de maneira libre e voluntaria os datos persoais que lle sexan requiridos.
Ademais do anterior, infórmase de que, de conformidade co esixido polo art. 27 da Lei 34/2002, do 11 de xuño, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, o procedemento de contratación seguirá estes pasos:
- Fai clic no botón "Comprar" que aparece ao lado do espectáculo elixido. Para aqueles eventos que teñan distintas opcións, pódese ver a ficha do espectáculo ou concerto e un botón que indica “Comprar” ou “Seleccionar”. A continuación, déixase ver o proceso de compra que consta de tres apartados: compra, pago e confirmación. Na primeira fase de compra débese seleccionar o número de entradas. De forma automática, ofrecerase a información do concerto ou espectáculo seleccionado, o día e hora no que se celebrará, a localización, o número de entradas e o importe total da compra.
- O importe da compra acompáñase dun explicación do prezo, impostos e gastos de xestión aplicables. Se estás de acordo co importe, selecciona “Comprar” e directamente te redirixe a unha pantalla na que dá a opción de realizar a compra. A través destas tres vías debes encher os datos persoais.
- No apartado “Pago”, introduce os datos requiridos do medio de pago elixido, fai clic en “Pagar” e acepta as condicións xerais de contratación que son as que rexerán a compravenda. Feito isto, estarán realizados todos os pasos.
- “Confirmación” de compra: Ataquilla, unha vez realizados os pasos anteriores, enviará ao correo electrónico do usuario unha mensaxe de acuse de recibo e confirmación da compra realizada. O contrato entenderase formalizado e perfeccionado no momento de recepción do pago do prezo por parte de Ataquilla.
- Unha vez recibida a confirmación de compra, o comprador poderá descargar e imprimir a/s súa/s entrada/s.
A compra das entradas considérase definitiva, polo que se recomenda verificar tanto os datos de compra como os datos persoais incorporados antes de efectuar o pago.
5.2 Impresión de entradas
A compra de entradas a través da web oficial de Ataquilla dispón do servizo de impresión de entradas, o que permite:
- Descargalas de maneira instantánea en formato PDF ao finalizar a túa compra para imprimir na casa.
- Gardar o arquivo no teu dispositivo móbil para mostralo na entrada.
- Opcionalmente, imprimir a entrada no teu fogar máis tarde se o prefires.
En situacións excepcionais, por motivos técnicos e/ou de seguridade, o servizo de impresión de entradas podería estar desactivado, en cuxo caso, o comprador deberá optar pola seguinte opción para a recollida da/s entrada/s:
- No recinto do espectáculo: No despacho de billetes do recinto onde se desenvolva a actividade, presentando o DNI para acreditar a titularidade da mesma. No caso da adquisición de entradas bonificadas, o recinto resérvase o dereito de solicitar documento acreditativo.
6. PREZO
Os prezos que se indican de cada entrada inclúen o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) e exprésanse en euros (€). O prezo da entrada, os impostos aplicables e os gastos de xestión ou outros adicionais aparecerán detallados no momento da compra.
Os prezos de venda ao público das entradas serán os publicados no sitio web e serán aplicados de forma automática no proceso de contratación.
Aínda que procuramos asegurar a exactitude de todos os prezos, poden producirse erros. Se descubrimos un erro no prezo de calquera entrada que pediras, farémoscho saber o antes posible, permitindo que optes por adaptar o teu pedido ao prezo correcto (realizando un abono ou un cargo na túa conta, segundo o caso) ou anular o teu pedido. Se optas por anular o pedido despois de abonar o prezo incorrecto, recibirás unha devolución total do prezo pola nosa parte.
7. USO DAS ENTRADAS
As entradas adquiridas, aínda despois da compra, seguirán sendo propiedade do promotor e é unha licenza persoal revogable que poderá retirarse, denegándose a admisión en calquera momento. Se isto ocorre, devolveráseche o prezo de venda da entrada que se retire ou para a que se denegue o acceso (incluídos os correspondentes gastos de xestión por entrada).
A/s entrada/s deben ser custodiadas ata o día do evento como se fose diñeiro en metálico. O comprador da entrada ou a persoa a nome da que se personaliza a entrada, asume toda responsabilidade en caso de duplicidade, fotocopia ou falsificación da mesma, perdendo todos os dereitos que esta lle outorga para poder acceder ao recinto.
A revenda ilegal dunha entrada constitúe causa suficiente para a incautación ou cancelación da dita entrada sen dereito a reembolso nin calquera outro tipo de compensación.
Ataquilla non se fai responsable de ningunha perda ou roubo de entradas.
A adquisición de entradas non outorga ao comprador o dereito a utilizala con finalidades publicitarias e comerciais, de márketing ou de promoción, ou calquera outra distinta ao acceso e desfrute do evento (incluídos os concursos, regalos e/ou sorteos), se non é con consentimento expreso e por escrito do promotor/organizador.
8. POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS
8.1 Cancelacións
Unha vez adquirida a entrada, unicamente se cambiará ou se devolverá o seu importe en caso de cancelación do evento.
Os cambios que se produzan no evento, tales como cambio de data, de local ou de artistas, que se produzan con posterioridade á recepción por parte do comprador da confirmación de compra da entrada, competen única e exclusivamente ao promotor, polo que Ataquilla unicamente poderá proceder á cancelación das entradas e, polo tanto, á devolución do prezo cando reciba orde expresa do organizador/promotor do evento. En caso contrario, Ataquilla non poderá proceder á devolución dos ditos importes.
No caso de cancelación sobrevida durante o desenvolvemento do espectáculo, o comprador non terá dereito ao reembolso do prezo da entrada.
Calquera cambio ou cancelación do evento que se produza será publicado no sitio web na sección do evento unha vez o notifique oficialmente o organizador/promotor.
8.2 Devolucións
Dereito de desistencia
De acordo coa normativa vixente en materia de consumo e de ordenación do comercio polo miúdo, o comprador non poderá exercitar o dereito de desistencia nin de resolución, xa que o subministro de servizos relacionados con actividades de esparexemento está exceptuado de tal dereito.
A imposibilidade do comprador de asistir ao espectáculo por causas alleas a Ataquilla ou ao organizador, e/ou o erro ao realizar a adquisición non serán motivos válidos para solicitar a devolución do importe do prezo das entradas.
En calquera caso que proceda a devolución do prezo, Ataquilla unicamente reembolsará o importe da entrada non sendo responsable doutros gastos tales como, a modo de exemplo e con carácter meramente enunciativo, hoteis, viaxes, comidas, dietas, gastos de xestión, etc.
Procedemento de devolución do prezo
No caso de xerarse, segundo o anterior, dereito a devolución, procederase ao reembolso no prazo de trinta días desde a data da comunicación pública da cancelación e será na forma especificada por Ataquilla.
O comprador poderá solicitar o reembolso nun prazo de quince días desde a data da comunicación pública da cancelación ou cambio (se o promotor o autoriza), na forma especificada por Ataquilla, e presentando, en todo caso, o xustificante de compra, a entrada e os datos da tarxeta para a súa comprobación. O transcurso do prazo establecido no parágrafo anterior sen que o comprador solicite a devolución do importe correspondente ás compras efectuadas, entenderase coma a renuncia por parte deste á devolución dos importes que puideran corresponderlle. En ningún caso corresponderá ningunha devolución máis alá dos prazos establecidos. Así mesmo, Ataquilla resérvase o dereito a non reembolsar o importe correspondente aos gastos de xestión en función dos acordos establecidos co promotor/organizador do evento.
Para pedir a túa devolución, envía a túa solicitude por escrito a: Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra (ou a calquera outra dirección que comuniquemos). Deberás achegar as túas entradas sen utilizar, o xustificante de compra, os datos da tarxeta coa que realizaches a compra, e seguir as indicacións que che fagamos chegar. A efectos contables, deberemos recibir as túas entradas sen utilizar dentro dos 15 días seguintes á data da notificación de cancelación.
A dita solicitude non está supeditada a ningún formalismo, se ben poderás descargar o formulario no enlace que se achega. Solicitude de devolución.
9. ESPECTÁCULO. ACCESO E NORMAS
Para acceder ao evento entregarase a entrada impresa ou no dispositivo móbil no lugar establecido para o acceso ao recinto. O persoal autorizado validará a entrada cun dispositivo electrónico que escanea o código único inserido na entrada ou por medio dun listado.
Só se considerará válida a primeira entrada presentada no acceso identificada co código único e non se permitirá, en ningún caso, acceder a quen posteriormente intente entrar coa mesma entrada.
Calquera entrada engurrada, rota ou que presente indicios de falsificación autorizará ao organizador a privar ao seu portador o acceso ao evento.
O acceso ao recinto onde se celebre o evento está suxeito ás políticas de acceso e saída establecidas polo organizador ou o propietario do recinto.
Con este servizo de venda, preténdese facilitarlle ao usuario a adquisición das ditas entradas, e Ataquilla non asumirá ningunha responsabilidade agás nos casos en que sexa promotora do evento.
As entradas emítense de acordo coas normas e procedementos do promotor e, no seu caso, do lugar onde terá lugar o evento, polo que en caso de dúbida deberanse consultarse.
O organizador/promotor resérvase o dereito de admisión ao evento. Do mesmo xeito, o recinto resérvase o dereito a denegar a admisión en caso de incumprimento por parte dos clientes de calquera dos termos e condicións do espectáculo ou o promotor. O recinto pode verse na obriga, en ocasións, de realizar accións de rexistro, non permitíndose a entrada de obxectos que poidan ser considerados perigosos ou que estean prohibidos pola normativa vixente de seguridade en espectáculos públicos. Queda terminantemente prohibido, e polo tanto, lexitimará a prohibición de acceso:
Introducir bebidas alcohólicas, armas, instrumentos susceptibles de ser utilizados con ese fin, bengalas, fogos de artificio ou obxectos análogos.
Introducir e exhibir pancartas, símbolos, emblemas ou lendas que impliquen incitación á violencia.
Encontrarse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, estupefacientes, psicotrópicos ou substancias análogas.
A entrada ou entradas emítense de acordo coas normas e regulacións do recinto e do promotor do evento. A infracción de calquera das ditas normas e regulacións, ou calquera outro acto que poida provocar dano, prexuízo ou agravio, dará dereito ao recinto ou ao promotor do evento a expulsar ao usuario do recinto.
Queda prohibido o uso non autorizado de equipos fotográficos e de gravación. Poderán destruírse ou eliminarse fotos, vídeos e/ou gravacións. Tamén poderán prohibirse os bolígrafos láser, teléfonos móbiles, cans ou calquera outro animal (agás cans guía).
Ataquilla non participa na organización dos eventos, polo que aspectos como condicións de visibilidade, calidade acústica, comodidade do local, accesibilidade, políticas de acceso e saída do recinto, etc., competen exclusivamente ao organizador.
Ataquilla non establece as normas internas dos recintos onde se celebra o evento nin tampouco as condicións nas que se celebra. Para máis información sobre estas cuestións deberá recorrerse ao promotor/organizador do evento.
10. LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
As presentes condicións xerais réxense pola lei española. A resolución de conflitos ou controversias será sometida aos xulgados e tribunais da Coruña, agás nos casos nos que o foro corresponda ao domicilio do consumidor.
Estas condicións xerais elaboráronse de conformidade co establecido na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico; a Lei 7/1998, do 13 de abril, sobre condicións xerais da contratación; o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, e a Lei 7/1996, do 15 de xaneiro, de ordenación do comercio polo miúdo, así como cantas disposicións legais resulten aplicables. Se algunha das cláusulas incluídas neste condicionado fose declarada nula, total ou parcialmente, quedará sen efecto pero non será extensible ao resto do contrato.
Si alguna de las cláusulas incluidas en este condicionado fuese declarada nula, total o parcialmente, quedará sin efecto pero no será extensible al resto del contrato.
11. SERVIZO DE ATENCIÓN AO CLIENTE
Para calquera información sobre a compra, o usuario poderá contactar co Servizo de Atención ao Cliente de Ataquilla a través do correo electrónico [email protected] .
Todas as dúbidas e, especialmente as queixas e suxestións, serán atendidas á maior rapidez, sen exceder en ningún caso os prazos que estableza a lexislación vixente.
Igualmente, terás constancia das mesmas mediante a entrega dun xustificante por escrito, en papel ou en calquera outro soporte duradeiro.
Así mesmo, a Comisión Europea ofrece unha plataforma para a resolución de conflitos en liña, á que podes acceder aquí: http://ec.europa.eu/consumers/odr/pay