Menú
E.M. de baile do Concello das Pontes – Jothan a cidade do Jóker

E.M. de baile do Concello das Pontes – Jothan a cidade do Jóker

Desde0,00 €

Teatro Colón | A Coruña

10 Abril 2026 20:30

55 min

A escola municipal de danza do Concello de As Pontes ofrece o seu último espectáculo “JOTHAM. A cidade do Jóker” que recrea o ambiente de suspense e evoca a estética da cidade Gótica. No grupo de baile contamos con máis de 100 persoas de iades comprendidas entre os 10 e os 60 anos, nas disciplinas de baile moderno e danza clásica que renden homenaxe ao cómic e as versións cinematográficas do Jóker. Este espectáculo foi representado nas Pontes en xuño e decembro do 2025 cunha grande resposta de público.

A escola está dirixida por Jaime P. Díaz coreógrafo e director da compañía de Novagalega de danza, con máis de 20 anos de historia e subo ao escenario diferentes espectáculos de gran calidade artística.

Espectáculo indicado para tódolos públicos

Duración: 55 minutos

NORMAS DE ACCESO Ó RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña