Desde16,60 €
Auditorio Municipal de Ourense | Ourense
16 Novembro 2024 20:30
BAILADOR é unha obra de danza galega contemporanea baseada nas músicas de Berrogüetto. Trátase dunha obra coreográfica que rinde unha profunda homenaxe a unha música que non naceu para ser bailada, onde a danza de raiz galega mistúrase con outras linguaxes do movemento para darlle un sentido corporal á música dun grupo que transformou o xeito de facer e de entender o son da nosa terra.
BAILADOR reivindica o papel fundamental da muller galega como preservadora é transmisora da nosa sabedoría popular, é unha mostra de respecto, cariño e admiración a todas as mulleres que, de xeración en xeración, foron quenes de perpetuar no tempo as formas danzadas que configuran o noso baile
BAILADOR
é un espectáculo de mulleres feito por mulleres. É a nosa danza dende o prisma
do femenino. Un conto sen historia onde a música e a danza explícanse a si
mesmas.
Rúa Canle, 2, Ourense
32004 Ourense