Menú
CORUFEST26 – NIK.EU 2.0

CORUFEST26 – NIK.EU 2.0

Desde10,80 €

Ágora | A Coruña

16 Maio 2026 20:30

NIK·EU é a última produción do proxecto iXa, unha proposta de danza contemporánea creada para catro intérpretes de 50 minutos de duración. A obra, dirixida por Xián Martínez,  segue a filosofía da compañía iXa de desenvolver obras enfocadas nas artes do movimento pensadas específicamente para públicos non especialistas, buscando conectar co imaxinario colectivo e coa propia experiencia persoal do público asistente.

A compañía amosa unha preocupación por levar a escena temáticas que xeren conciencia crítica e que conecten co humano, apostando por cuestiós sociais de perspectivas de xénero e máis específicamente de contido LGTBIQA+. A peza foi coproducida polo goberno de Navarra a través da fundación Baluarte, Lekuona Fabrika de Rentería e a propia compañía.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo deberá facelo con entrada, independentemente da idade que teña ou de se ocupa ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite facer fotos nin gravar antes, durante nin ao remate do espectáculo sen a autorización da organización.
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.

RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.



Como

chegar

Lugar da, Av. Gramela, 17, A Coruña

15010 A Coruña