Desde5,40 €
Cidade da Cultura. Edificio CINC. Auditorio 1 | Santiago de Compostela
17 Outubro 2026 19:00
60 minutos aprox
BRUTALISMO. Unha danza para concerto
Isabel Do Diego
Sábado, 17 de outubro ás 19.00 H
Edificio CINC, Auditorio 1, Cidade da Cultura
Onde comeza un concerto e remata unha danza?
BRUTALISMO é o último traballo musical de Isabel Do Diego. Un proxecto co que pecha sete anos de investigación e experimentación entre o folclore e a electrónica, e que estrea a súa versión en vivo o sábado 17 de outubro na Cidade da Cultura.
Concibido primeiro como un EP con seis temas orixinais, Isabel Do Diego consegue en BRUTALISMO. Unha danza para concerto, que do baile naza unha electrónica relucente e minimalista, acompañada dunha voz mutante e etérea, onde ambas parecen despregarse máis aló do espazo. Unha experiencia na que o corpo, como ser vivo, é a ponte necesaria para que brote a música.
Catro novos instrumentos: PILARES · VIGA · CORVA · VELETA, aceiro cromado e madeira virxe conectados a software, traducen a música o movemento. Unha exploración das prácticas máis atávicas e atemporais do folclore como forma de expresión e celebración humanas. O corpo como instrumento total para encarnar a música da maneira máis directa e rotunda.
Ficha técnico-artística
CREACIÓN E DIRECCIÓN · Isabel Do Diego
INTERPRETACIÓN E PRODUCIÓN MUSICAL · Isabel Do Diego
FABRICACIÓN DE INSTRUMENTOS [Pilares - Viga - Corva - Veleta] · Isabel Do Diego
ILUMINACIÓN · Antonio L. Pedraza
VESTIARIO · Lola Pedraza, Juana María González e zapatería La Veloz
FOTOGRAFÍA E VÍDEO · Paco Jiménez e Fábrica de Aceite
EDICIÓN E DESEÑO GRÁFICO · Fábrica de Aceite
DURACIÓN · 60 minutos aproximadamente [Duración variable segundo os diferentes formatos e espazos]
PRODUCIÓN · Fábrica de Aceite e Isabel Do Diego
COLABORAN · Residencias Paraíso - Colectivo RPM, Cidade da Cultura, Salón Teatro (Centro Dramático Galego) e Centro de Creación Contemporánea de Andalucía - C3A
Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Museo Centro Gaiás, Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela
15707 Santiago de Compostela