Menú
NÚA

NÚA

Desde5,00 €

Teatro Jofre | Ferrol

28 Novembro 2026 20:30

Núa é unha peza de danza contemporánea interpretada por mulleres que explora o concepto de capas e a idea de nudez. Presenta unha escena minimalista cun centro sinalado que simboliza o corazón, desde onde nacen as pulsións que marcan o ritmo da obra. O movemento transita entre a expansión e a contracción, nun fluxo físico e emocional. A estética sinxela reforza a sensación de esencialidade, co foco na muller e na súa interioridade. É a terceira creación de Cali Danza dedicada a celebrar e reivindicar o feminino.

Como

chegar

Praza de Galicia, s/n, Ferrol

15401 Ferrol