Desde11,60 €
Auditorio Sede Afundación Pontevedra | Pontevedra
25 Xaneiro 2025 19:30
Festival de danza de inverno de Plié dance school:
Hai 5 anos comezamos unha viaxe que nos transformou en todo sentido. Durante estes anos, a danza levounos a experimentar, explorando novas formas de sentir e movernos; a liberarnos, deixando atrás os medos e ataduras que nos freaban; a desconectar, para conectarnos co noso mundo interior; e finalmente, a atoparnos, descubrindo a esencia que nos caracteriza.
Hoxe, ese camiño tráenos aquí, máis fortes, máis unidos e máis apaixonados que nunca.
Benvidos a DANZARTE, onde cada movemento é o reflexo de todo o vivido.
Nesta función os protagonistas serán os teens, os adultos e a formación profesional.
Acompáñanos.
Rúa Augusto González Besada, 2, Pontevedra
36001 Pontevedra