Desde5,60 €
Auditorio de Cangas | Cangas
31 Outubro 2026 18:00
Idea orixinal: Dani Blanco
Dirección: Paula Quintas
Actor: Dani Blanco
Músicas en escena e espazo sonoro: Nerea Carpente e Alicia Root
Axudante de dirección: Arturo Cobas e Antón Coucheiro.
Escenografía: Salva Neira.
Vestiario: Alicia Root.
Deseño de iluminación: Octávio Más.
Sinopse:
Nun mundo feito de libros, alguén ordena ringleiras perfectas nunha rutina acompasada, sen fendas. Un volume, outro, outro máis… Ata que un día un libro cae e, con el, derrúbase a orde: comeza así unha viaxe inesperada guiada polo desexo de ver o mar.
Oh! é o novo espectáculo de AsSircópatas, unha peza de danza e circo para público familiar, sen palabras e con música en directo. Un universo onde a escenografía se transforma e acompaña cada descubrimento. Unha viaxe sorprendente que nos lembra que, ás veces, abonda un pequeno xesto para que todo cambie.
Desde o ano 2003 AsSircópatas percorreu máis de 15 países, utilizando o circo como ferramentas imprescindibles de traballo. O seu fundador, Dani Blanco, é pallaso, bufón, improvisador e narrador oral. A compañía atopa no circo o espazo e a ferramenta para partillar algo que non quere quedar dentro, unha forma particular de ver o mundo, o humor, a vida e os conflitos: dun xeito libre, real, absurdo, intelixente, estúpido, reflexivo, novo... Rogelio, Abracadaver ou Rogelio III (La fète) son algúns dos seus últimos traballos. Oh! é o seu primeiro espectáculo de sala.
Av. de Lugo, 27A, Cangas
36940 Cangas