Desde22,00 €
O Meigallo | Sarria
17 Xullo 2026 21:00
80 minutos aprox
Idade mínima: 14 anos
"Rir a fartar". Esa é a nosa máxima dende a primeira edición e o espírito que marcará, unha vez máis, este Ultreia et Suseia. O Recuncho da Comedia volve á xa clásica terraza do Meigallo en Sarria para recuperar esa esencia tradicional do festival, preparando o terreo para unha xornada onde o obxectivo principal é xuntarnos na mellor das compañías.
Para garantir que as gargalladas reunimos a un tridente que non precisa presentación: Xosé Antonio Touriñán, David Amor e Leti da Taberna. Tres referentes do noso humor que compartirán escenario nunha sesión irrepetible, sen filtros e con moita enerxía taberneira. Vinde coas ganas de pasalo ben, que as risas xa as poñen eles!
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
FICHA TÉCNICA
DURACIÓN: 80 Min.
IDADE RECOMENDADA: +14 anos
PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN: Etiqueta Negra Producciones.
Lugar do Chanto s/n, Sarria
27600 Sarria