Desde22,00 €
Auditorio Teatro Afundación Vigo | Vigo
21 Maio 2026 20:30
Davide Salvado presenta o seu álbum Permita Deus no Auditorio do Teatro Afundación Vigo.
Permita Deus é un espectáculo íntimo, creado para a escoita e para os sentidos. Un encontro coas músicas tradicionais que marcaron o seu camiño, especialmente as de Galicia, en diálogo con sonoridades doutras terras que tamén o habitan.
Baixo este título, que é case unha invocación e unha entrega, o repertorio ábrese á memoria, á emoción e ao sagrado do cotián.
Cancións de raíz, con letras de Manuel Cortés e a presenza de convidados moi especiais, que farán de cada momento algo único e irrepetible.
Voz, palabra e verdade nun formato próximo e esencial.
Marques de Valladares s/n, Vigo
36201 Vigo