Desde5,50 €
Teatro Rosalía | A Coruña
04 Setembro 2026 20:30
70 min
A nova estrea de ButacaZero nace como fonda homenaxe a Manuel Lourenzo, finado o pasado ano. Mestre e mentor de Xavier Castiñeira (e de tantas outras persoas que conforman o teatro galego profesional na actualidade), a súa palabra, a súa mirada e o seu compromiso coa escena seguen vivos en cada unha das nosas creacións e continúan así iluminando o camiño de novas xeracións.
A Velada de Londres mergúllanos na súa visión sobre o universo de Drácula, unha das súas obsesións creativas. Nela imaxina unha escena tras o primeiro capítulo da novela de Bram Stocker, cando Jonathan Harker coñece ao Conde en Transilvania. No retorno a Londres xunto á súa muller Mina, Jonathn revive obsesivamente aquela experiencia, e a súa relación esborrállase entre o desexo, o medo e a fascinación.
A presenza en escena de Esperanza Mara, chelista e soprano, farán que o público poida disfrutar dunha velada teatral, pero tamén musical.
A representación completarase cunha pequena exposición dedicada á vida, obra e legado de Manuel Lourenzo. Un convite a descubrir e celebrar a memoria dun creador que deixou unha pegada imborrable no teatro galego.
(Espectáculo recomendado para maiores de 12 anos.)
O
Doutor • Xurxo Cortázar
Harker • Teo Piñeiro
Mina •
Sophia Rodal
Chelista e Cantante • Esperanza Mara
Banda
Sonora • Iago Hermo
Deseño de Luz • Violeta Martínez
Espazo
Escénico • Beatriz de Vega
Figurinista • Carlos
Pinilla
Produción • Esther F. Carrodeguas
Dirección •
Xavier Castiñeira
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
Prégase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo, non se permitirá o acceso á sala nin se garante o reingreso se se abandona a sala durante a representación.
Ao acceder ao teatro poderá solicitarse o documento que acredite o dereito a algún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
Non se admiten cambios nin devolucións das entradas, agás en caso de suspensión.
Non está permitido o consumo de alimentos nin bebidas na sala.
Non está permitido gravar nin fotografar os espectáculos.
Apaguen os teléfonos móbiles antes de que comece a representación. O seu son e a súa luz molestan ao público e aos artistas.
O teatro resérvase o dereito de admisión.
Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro deberán dispoñer de entrada, independentemente da súa idade ou de que ocupen ou non butaca.
Os carriños e soportes para bebés deberán deixarse nos espazos habilitados para iso fóra da sala. O persoal do teatro facilitaralles as indicacións oportunas.
Recomendamos consultar a sinopse e a idade recomendada dos espectáculos, xa que non todas as persoas os gozan do mesmo xeito.
Conserven as súas entradas durante a representación, xa que poderán ser requiridas pola persoa responsable da sala.
A organización resérvase o dereito de reubicar as localidades por causas xustificadas e necesarias.
RECOMÉNDASE: Seguir as indicacións do persoal de sala e actuar con responsabilidade.
Riego de Agua, 37, A Coruña
15001 A Coruña