Menú
Amancio Prada. Libremente, 50 años en escena

Amancio Prada. Libremente, 50 años en escena

Desde21,60 €

Teatro Colón | A Coruña

27 Outubro 2024 19:30

Libremente é un concerto antolóxico no que Amancio Prada mostra e revela as pegadas e voces que latexan no seu propio canto e que foron trenzando o fío da súa vida de artista. Das fantasías de Rosalía de Castro e Federico García Lorca, pasando polas de Gustavo Adolfo Bécquer, Álvaro Cunqueiro, Darío Xoán Cabana,  Agustín García Calvo e Rizo Sánchez Ferlosio ás súas propias, do seu novo disco, titulado Prada Prada. Poetas -distintos e distantes- vinculados por un canto que é algo máis que a harmonía e a palabra: a viva pegada da súa memoria na acesa voz do paxaro solitario que segue sendo Amancio Prada.

O legado musical de Amancio Prada abarca composicións propias e adaptacións de textos de poetas antigos e modernos, configurando un percorrido antolóxico pola lírica peninsular. Desde as cantigas dos primeiros trobadores galego-portugueses, o Romancero e Jorge Manrique, san Juan da Cruz, Teresa de Jesús, Rosalía De Castro e Gustavo Adolfo Bécquer, ata autores contemporáneos como Federico García Lorca, Juan Ramón Jiménez, María Zambrano, Álvaro Cunqueiro, Carmen Martín Gaite, Agustín García Calvo, Luis López Álvarez, Antonio Pereira e Juan Carlos Mestre, entre outros. A súa obra abraza a riqueza e diversidade da poesía ibérica.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña