Menú
Músicas Posíbeis – PARÉNTESE. LETRAS E SONS

Músicas Posíbeis – PARÉNTESE. LETRAS E SONS

Desde0,00 €

Teatro Colón | A Coruña

02 Novembro 2024 20:00

“Paréntese. Letras e Sons 2024” é un espectáculo no que a música e a literatura se mesturan para xerar momentos únicos. Baixo a dirección artística do músico Pablo Novoa, e conducidos no escenario pola xornalista Susana Pedreira, ás escritoras e escritores Berta Dávila, Silvia Penas, Samuel Merino, Lucía Aldao, Carlos Meixide, Samuel Solleiro e a cantante Wöyza sorprenderán ao público saíndo das súas disciplinas para cantar, interpretar, recitar e conversar igual que pasa arredor dunha mesa na que nacen encontros improbables.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

 

RECOMÉNDASE:


Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña