Menú
Raúl Mirás

Raúl Mirás

Desde6,80 €

Teatro Colón | A Coruña

23 Marzo 2025 19:30

 A Orquestra Gaos presenta con este concerto unha nova forma de achegarse ao público cunha sesión introdutoria que che fará gozar aínda máis da experiencia. A través das obras de Dvorak (Concerto para violoncelo e orquestra en si menor) e Smetana (Die Moldau) exploraremos como o concepto de nacionalismo na música segue influíndo na nosa visión do mundo hoxe en día. Son Bad Bunny con Debín tirar máis fotos ou Beyoncé coa súa proposta country máis nacionais que estes compositores? Que mellor maneira de descubrilo que vivíndoo en directo connosco? Raúl Mirás, actual violoncelo principal da OSG será o noso solista nesta ocasión.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña