Menú
VIII Gala Final do Concurso de Música Infantil e Xuvenil Quero Cantar

VIII Gala Final do Concurso de Música Infantil e Xuvenil Quero Cantar

Desde0,00 €

Teatro Colón | A Coruña

06 Abril 2025 18:00

 Esta iniciativa da Área de Cultura da Deputación da Coruña consolidouse xa como o punto de encontro da máis precoz creatividade musical da escena galega.

Seis propostas, tres infantís e tres xuvenís, seleccionadas en primeira instancia por un xurado formado por profesionais da música, vanse dar cita no Teatro Colón para interpretaren en directo as súas composicións. Alí, un xurado formado neste caso por rapazada de idades similares ás dos propios participantes, será o encargado de elixir as propostas gañadoras da actual edición. O acto vai ser conducido pola actriz e contadora Sole Felloza e inclúe tamén a participación de Daniela Montes, gañadora na categoría xuvenil da anterior edición, acompañada duns convidados moi especiais.

 NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña