Desde0,00 €
Teatro Colón | A Coruña
09 Maio 2025 20:00
- ARTISTAS:
Rosalía Gómez Lasheras
Abe Rábade
Alejandro Vargas
Rosalía Gómez Lasheras, Abe Rábade e Alejandro Vargas, pianistas excepcionais aclamados polo seu virtuosismo e a súa capacidade de trasladar emocións en escenarios de todo o mundo, únense para dar forma a TAIBO.
Esta proposta conxuga os seus particulares universos sonoros para celebrar a Luís Taibo, un extraordinario compositor e pianista compostelán, cuxa obra se cría perdida. Este cumio de pianistas a través do jazz, a electrónica e a música clásica promete un espectáculo único: unha viaxe a un mundo descoñecido pero familiar, acolledor, tan desbordante de enerxía como profundamente lírico e intimista.
Un encontro inverosímil que rompe os límites entre xéneros musicais para ofrecernos un repertorio inédito de obras enormes que, partindo do histórico, abren camiños para o contemporáneo.
O que é seguro, pensamos nós, é que este trío é unha das propostas máis exquisitas da música galega dos nosos días. Alén do musical, TAIBO tamén nos descubrirá o pensar/sentir do maestro compostelán a través do misterio da palabra poética cantada da man dun artista sorpresa aínda por revelar.
Duración do espectáculo: 70 min
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña