Menú
Maio Jazz 2025 – DIEGO ALONSO 5TET - NIHIL

Maio Jazz 2025 – DIEGO ALONSO 5TET - NIHIL

Desde0,00 €

Teatro Colón | A Coruña

11 Maio 2025 20:00

 - ARTISTAS:

Saxofón, compositor: Diego Alonso

Guitarra eléctrica: Virxilio da Silva

Piano: Xan Campos

Contrabaixo: Pablo Patiño

Batería: Antón Quintela

O quinteto de jazz liderado polo saxofonista e compositor vigués Diego Alonso, presenta o seu primeiro álbum como compositor, titulado NIHIL, xunto a Pablo Patiño no contrabaixo, Antón Quintela na batería, Xan Campos no piano e Virxilio da Silva na guitarra eléctrica.

Todos eles comparten unha profunda relación, tanto académica como profesional, coa escena jazzística galega e portuguesa, así como coa do resto da Península Ibérica e a internacional, formando parte de diferentes proxectos.

6 composicións recollidas nun álbum editado en formato dixital e LP de vinilo, acompañado de 6 ilustracións do artista Pablo P. Moledo.

Este proxecto estreouse con dous concertos na Casa das Artes de Famalicão (Portugal), dentro do Ciclo Jazz na Caixa, e na sala Sinattra (Vigo) en Outubro de 2021. Tras esta primeira presentación, sucedéronse outros concertos en salas e festivais entre as que destacan a sala Clavicémbalo (Lugo), A Casa de Arriba (Vigo), o Jazz Filloa (A Coruña), o VI Festival Ames Jazz (Bertamiráns), no MUMI (Tui) e máis recentemente no II Ciclo Primavera de Jazz (Nigrán) e no VIII Festival de Jazz de Moaña.

Os días 17 e 18 de novembro de 2023 realizouse a gravación do álbum Nihil, nos estudos CARA-OJM (Matosinhos),captado e mesturado por João Bastos e masterizado por Cem Oral de Jammin’ Masters, e que será editado no ano 2024 en forma de álbum dixital e en 2025 en formato LP de vinilo.

O álbum foi nomeado como finalista dos XI Premios Martín Códax da Música no ano 2024.

Duración do espectáculo: 65 min

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña