Menú
Sophie non é o meu nome de guerra

Sophie non é o meu nome de guerra

Desde0,00 €

Teatro Colón | A Coruña

23 Maio 2025 20:00

A de Sophie é unha historia inspirada en feitos reais, pero é algo máis que a historia dunha persoa migrante. A viaxe de Sophie é unha viaxe polo desexo, pola dignidade, pola consciencia da riqueza das culturas populares de África, polo documento teatralizado da violación e da trata de mulleres, das políticas migratorias burocratizadas de Europa e polas relacións familiares fiadas por silencios, medos e angüeiras dunha vida plena e sincera. Sophie é unha muller que ama e quere ser amada, divertida e vital, ambigüa e perigosa.

Sophie é un espectáculo de teatro contemporáneo a partir do texto teatral homónimo de Roberto Pascual, gañador do Premio Rafael Dieste 2021, da Deputación da Coruña.

A viaxe de Sophie está baseada nunha historia real, ou quizáis en moitas. A pasaxe vólvese moi custosa cando o exilio é unha cuestión de supervivencia.

Camiñaremos coa protagonista a través da súa travesía vital e no mapa, desde Yaoundé, capital de Camerún, ata A Coruña. Unha viaxe pola riqueza da cultura popular de África, pola burocracia das políticas migratorias e pola escravitude sexual.

O obxectivo principal deste espectáculo é falar da migración forzada, a través da vivencia persoal dunha muller que loita por ser libre, por amar e ser amada. Unha historia que pon no centro a realidade da trata de mulleres con fines de explotación sexual. A peza afonda nas conexións humanas, familiares, de amizade e de parella de Sophie, unha muller cunha personalidade chea de matices, fuxindo do estereotipo e da revictimización. Descubrindo o amplo prisma da maternidade: como desexo e como instrumento.

Na súa forma escénica trátase dunha proposta contemporánea onde os recursos audiovisuais se mesturan cos elementos poéticos e o teatro textual. A atmosfera xerada polo espazo sonoro e escénico mergullará ás espectadoras na viaxe de Sophie.

Ficha técnica

Elenco: Camille Hedouin e Alixa Ladson

Dirección: Laura Míguez

Autor: Roberto Pascual

Axte dirección: Atenea García

Escenografía e iluminación: As dúas e punto

Videocreación: Judith Adataberna

Movemento: Mariel Teixeira González

Espazo sonoro: Mounqup

Confección vestiario: Ousseynou Gueye

Material promocional: Alex Sampayo

Prensa: Alberto Ramos

Produción: Redrum Teatro

Distribución: Guillermo Carbajo

NORMAS DE ACCESO Ó RECINTO
• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña