Menú
LÚA MOSQUETERA

LÚA MOSQUETERA

Desde10,80 €

Teatro Colón | A Coruña

11 Xullo 2025 21:00

Un espectador definiu algunha vez este show como “stand up poetry“.

É un recital de poesía onde “duran máis as presentacións dos poemas que os propios poemas”en palabras da propia Lúa. É un espectáculo que che remove por dentro, que che leva con sorprendente facilidade da risa ao pranto, que che enche o peito e faiche sentir viva. 

A personalidade de Lúa en escena é irresistible e á vez próxima. A súa poesía sensible, belixerante, certeira. Ela recita o seu particular “spoken word", unha disciplina a medio camiño entre o rap e a poesía oral, mentres Pablo acompáñaa con pezas musicais creadas para cada poema nunha simbiose emocionante. 

Difícil non deixarse levar e non derramar algunha bágoa, sobre todo con poemas xa tan coñecidos como “Cagar con la puerta abierta” o “Marchate, Mina”, “Chicle” ou o poema-canción “Otto”, no que Lúa recita a primeira parte e Pablo canta a segunda.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos /concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña