Menú
Festa da música – CARMELA “VINDE TODAS”

Festa da música – CARMELA “VINDE TODAS”

Desde0,00 €

Teatro Colón | A Coruña

21 Xuño 2025 20:00

Carmela é un proxecto que basea o seu repertorio no canto de tradición oral, entendéndoo como un construto social vinculado á tradición e, por tanto, á contemporaneidade.

Dende un uso responsable e consciente do repertorio, especialmente no que ás informantes como intérpretes e creadoras se refire, cada tema escollido toma como idea principal o significado ou función que este presenta no contexto orixinal, funcionando o aspecto estético-musical non como unha guía, senón coma un impulsor.

O resultado é un repertorio con fondas referencias á interpretación tradicional, empregando recursos que van dende a combinación tímbrica ou o emprego de instrumentos electrónicos, co obxectivo de acompañar de xeito coidado e respectuoso cada unha das melodías.

Duración do espectáculo: 70 minutos

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados.

Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña