Menú
Gala do 25º aniversario da A.C. Donaire

Gala do 25º aniversario da A.C. Donaire

Desde7,80 €

Teatro Colón | A Coruña

15 Xuño 2025 19:00

A Asociación Cultural Donaire celebra os seus 25 anos cunha gala moi especial no Teatro Colón da Coruña. Un espectáculo cheo de música, baile e emocións, no que se repasan as diferentes etapas da trayectoria da asociación, coa participación de alumnado e agrupacións de todas as xeracións. A gala 25º Aniversario de Donaire será unha festa para lembrar, na que se conxugan tradición e creatividade, cun coidado especial na posta en escena e a música en directo. Unha oportunidade única para acompañar a Donaire neste momento tan significativo, celebrando un cuarto de século traballando pola cultura tradicional galega.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca • Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña