Menú
TIRULEQUE

TIRULEQUE

Desde16,60 €

Teatro Colón | A Coruña

09 Novembro 2025 20:30

Tiruleque é unha das bandas de música galega máis veteranas do país. Xurdiu na Coruña fai máis de vinte anos e criouse nese mundo de romarías, foliadas, bailes, festas populares e demáis encontros que son celebracións da cultura galega en si mesmos. Un mundo vivo e rico, no que calquera chispa espontánea prende na celebración conxunta, e onde todo o mundo ten, na música, no canto ou no baile, o seu lugar.

Neste cuarto traballo discográfico, a banda coruñesa xoga coa forza das voces femininas que deron forma à tradición da música cantada en galego. Esas avoas incansables de corpos vellos e espíritus novos, que foron quen de trasmitirnos non só as pezas, senón tamén esa enerxía, ese lume interior co que xa iluminaban os encontros de décadas atrás.

Tiruleque potencia a enerxía hipnótica da pandeireta co trance das liñas de baixo, combina o brillo da gaita coa forza do metal, mestura a percusión tradicional coa moderna... coa particularidade de ser sempre fiel ao espírito verdadeiro das músicas, sen artificios innecesarios, respeitando o seu sentido orixinal, dentro da foliada, para cantar e bailar como sempre se fixo.

Nestes anos de historia, Tiruleque percorreu a práctica totalidade dos festivais de música galega e celta do país, representando a música galega en festivais internacionais coma o de Lorient e o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, entre outras moitas actuacións pola xeografía do Estado, e é considerado unha referencia no mundo da música para o baile tradicional galego.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

- Toda persoa que entre no recinto onde terá lugar o concerto debe facelo cunha entrada, independentemente da súa idade ou de se ocupa ou non asento.

- Non se permiten cambios nin reembolsos de entradas.

- Non se permiten alimentos nin bebidas, agás auga, no recinto onde terá lugar o concerto.

- Reservanse todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados.

- Prohíbese facer fotos ou gravar vídeos antes, durante ou despois do concerto sen a autorización dos organizadores.

- Unha vez comezado o concerto, non se permitirá o acceso ao recinto.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña