Menú
Ciclo Tándem – CAAMAÑO & AMEIXEIRAS + SÚS

Ciclo Tándem – CAAMAÑO & AMEIXEIRAS + SÚS

Desde0,00 €

Teatro Colón | A Coruña

18 Outubro 2025 20:00

Hai infinidade de eventos musicais, pero ningún tan singular como Tándem: ciclo que  ofrece experiencias en directo nas que se misturan dúas propostas musicais no mesmo escenario. Tan vangardista como popular, este ciclo rompe coas convencións asumidas polo circuito de festiváis mediante un póquer de binomios exclusivos en vivo onde, en varios momentos da actuación, combinan o seu ADN musical, sempre co punto de unión entre a rica idiosincrasia da nosa tradición, que neste ano se funde en diferentes maridaxes coas culturas portuguesa, catalá e vasca.

Así, a toma de contacto co ciclo virá da electrónica atlántica de Grande Amore fronte a ensoñación pop de Verde Prato. E de aquí á ponte cultural de raíces e cables co país veciño proposta por Caamaño & Ameixeiras e Sús. O terceiro dos tándems parte da elegancia de alta costura da catalana Rita Payés e a intensidade visceral proposta polo trio Nacho Faia Lar. Experiencia da que emerxerá unha torre de Babel plena de significados e sabores.

O peche será do indómito Emilio José, que regresa cun novo proxecto elaborado con Suelen Estar Quartet, grupo experimental de corda co que “o máis difícil todavía” cobra significados renovados neste proxecto estreado en Tándem.

Duración do espectáculo: 90 m aprox.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados.

Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o concerto sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:


Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña