Desde25,92 €
Teatro Colón | A Coruña
08 Febreiro 2026 20:00
Underfest Xacobeo presenta “An Evening with JEFF TWEEDY” o 8 de febreiro no Teatro Colón.
A programación expandida do festival chega por primeira vez á Coruña a través do seu ciclo “Bites” cun concerto moi especial, no que o carismático líder e fundador de Wilco presentará o seu excelente novo traballo en solitario “Twilight Override”, xunto con outras composicións da súa ampla traxectoria en Wilco e Uncle Tupelo.
Tweedy é, sen dúbida, un dos compositores máis reputados e influentes do rock estadounidense contemporáneo, cunha das voces máis recoñecibles da escena e unha traxectoria marcada pola honestidade lírica, o intimismo sonoro e esa capacidade innata para emocionar sen artificios.
Este concerto forma parte dunha xira exclusiva que pasará unicamente por un puñado de capitais europeas, e na que o seu novo disco convivirá con xoias de distintas etapas da súa carreira. Será unha velada íntima, sincera e profundamente emocional na que poderemos gozar de novas cancións e clásicos, coa autenticidade que só Tweedy pode ofrecer.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o concerto debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao rematar o concerto sen a autorización da organización.
• Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña