Menú
Sólo de ciencia 2026

Sólo de ciencia 2026

Desde0,00 €

Teatro Colón | A Coruña

13 Marzo 2026 20:00

O Teatro Colón acolle a semifinal da cuarta edición do certame iberoamericano de monólogos científicos Solo de Ciencia, organizado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Convidámoste a pasar unha noite de entretemento diferente na que os nosos doce semifinalistas che amosarán a ciencia dun xeito que nunca imaxinaches. Na gala, presentada por David Amor, o xurado elixirá as oito candidaturas que volverán atoparse na final nacional, da que sairá a persoa que representará a España na final iberoamericana da cuarta edición de Solo de Ciencia, que se celebrará o 28 de novembro de 2026.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o evento debe facelo con entrada, independentemente da idade que teña ou de que ocupe ou non butaca.
• Non está permitida a entrada ao recinto con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados.
Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o evento sen a autorización da organización.
• Unha vez comezado o evento non se permitirá o acceso á sala.


RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.

Como

chegar

Avenida Marina, n7A, A Coruña

15001 A Coruña