Desde19,60 €
Teatro Colón | A Coruña
20 Xuño 2026 12:00
Deforme Semanal Ideal Total é o radioshow quincenal autoxestionado no que Isa Calderón e Lucía Lijtmaer desmiuzan a súa particular visión da vida e da cultura contemporánea con risas, explicacións redundantes e, en definitiva, todo aquilo que necesitas saber nunha hora enteira, só para ti.
Premio Ondas ao Mellor Podcast en 2021, e Mellor Podcast do Ano nos Premios Ondas Globais do Podcast en 2022, «por consolidar un show radiofónico cunha visión provocadora e feminista da cultura e da vida». Un dos podcasts máis escoitados en España, con oíntes en Arxentina, México, Colombia e Chile.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Toda persoa que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo deberá facelo con entrada, independentemente da idade que teña ou de se ocupa ou non butaca
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas
• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, agás auga
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos / concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización
• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Avenida Marina, n7A, A Coruña
15001 A Coruña